Alerta laranxa por temporal no litoral das provincias de Coruña e Pontevedra

FOTO: PEPE COSTAS // Ondada na Concheira.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar para esta madrugada unha alerta laranxa costeira nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo informa a a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), tratase dun fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, con ondas do oeste e noroeste entre 5-6 metros. Esperase que de comezo esta madrugada.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Anuncios