Inscricións abertas para participar na 1ª Carreira Popular Concello de Gondomar

A Sociedade Atlética Val Miñor organiza o sábado día 27 de abril a «1ª Carreira Popular Concello de Gondomar», coa colaboración e patrocinio da Concellería de Deportes da Vila Condal. As probas de atletismo darán comezo a partir das 18:30 horas.

Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do Concello para a carreira absoluta (5 km).

A carreira ten carácter gratuíto nas categorías menores, e na categoría absoluta con un percorrido de 5 km, e 5€ de cota de inscrición que deberá aboarse a través da pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.

Haberá agasallo conmemorativo para todos os participantes ata fin de existencias e trofeo para os tres primeiros clasificados en todas as categorías. O prazo de inscrición remata o 23 de abril ás 20:00 horas. Máis información e inscrición: https://bit.ly/2WoAohL