O alcalde polaco de Sieradz fai o Camiño Portugués pola Costa

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu onte no consistorio a unha comitiva de peregrinos encabezados por Pawel Osiewala, rexedor da cidade polaca de Sieradz, situada no centro deste país ao pé do río Warta e con 42.700 habitantes. Este grupo de amigos polacos realiza o Camiño Portugués pola Costa cunha motivación relixiosa e agarda chegar a Santiago a vindeira semana (de feito, a eles uniuse xa dende o inicio outro peregrino español coa mesma motivación). O grupo saíu de Porto hai uns días e esta onte pola mañá partiu dende Mougás cara a Nigrán co obxectivo de facer noite en Vigo. Na Oficina de Información Cidadá do Concello foi o propio rexedor quen lles puxo o selo de Nigrán. «Esta é unha constatación máis da importancia que ten promover o Camiño Portugués pola Costa, estamos felices de acoller e dar a benvida aos peregrinos», sinala o alcalde, Juan González.

2019-04-03 - IMG_6595