Sin categoría

Gondomar celebra os Días Europeos da Artesanía coa Mostra Feira 2019

Por sétimo ano consecutivo a Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías conta coa colaboración do Concello de Gondomar para a celebración dos Días Europeos da Artesanía, organizando unha feira con demostracións e obradoiros gratuítos para todas as idades.

Baixo o nome de “Mostra Feira Gondomar” os días 6 e 7 de abril artesáns e obradoiros esperan a visitantes e curiosos nunha carpa instalada no Parque de Animas. Nela poderase ver como coas mans elabóranse os artigos que teñen á venda artesáns de distintas disciplinas (cerámica, tala pedra y madeira, coiro, xoiería, téxtil… e máis).

A carpa situada no Parque de Ánimas estará aberta nun horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. A inauguración contará como mestres de cerimonias cos Reguefeiros da Galicia, improvisadores en verso que amenizarán coa súa arte a presentación do evento. Tamén haberá un espectáculo de Debuxo con Area para o que se contará coa colaboración da Deputación de Pontevedra.