Anuncios
Ticker de novas

Nigrán abre a programación de abril coa presentación do documental “El fútbol por dentro”

O Concello de Nigrán abre este venres ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a programación do mes de abril coa presentación do documental “El fútbol por dentro”, elaborado polo mítico cancerbeiro do Real Club Celta “El Tigre” Padrón, quen exerceu neste caso de guionista, narrador e mesmo cámara con imaxes da súa época (1954-1962). Trátase da estrea no Val Miñor do documental, proxectándose a versión reducida do mesmo, xa que o orixinal dura 3 horas. Ao finalizar haberá un coloquio con Allegue e unha presentación e visita guiada a unha exposición fotográfica con imaxes de xogadores do Celta na súa historia, con especial atención aos vinculados ao Val Miñor (ben nacidos ou “adoptados”), estes mesmos están invitados a asistir ao acto para participar, se así o desexan, no coloquio con “El Tigre” Padrón. O documental conta con material inédito filmado por Allegue, de 86 anos, cun tomavistas de 8 milímetros que precisamente mercou con seu primeiro soldo como futbolista profesional.

A programación do mes de abril continúa o sábado coa proxección do documental “Vigo 1972” ás 19:00 horas no Auditorio Municipal e a IV Clásica Manuel Alfaro de automobilismo. O domingo 7 a Vig-Bay será tamén protagonista no litoral de Nigrán e o fin de semana seguinte o Concello ofrecerá o sábado ás 12:00 no Auditorio Municipal a Orquesta Sinfónica de Arcordeones de Bilbao. Ademais, durante todo o sábado e domingo 14 terá lugar en Nigrán unha proba de 18 horas consecutivas da liga española de Raid de Aventura. A música clásica será a protagonista o venres 19 de abril co concerto da Camerata Santart (violín, viola, chello, contrabaixo, clarinete, fagot e trompa) con pezas de Beethoven e Schubert. Os dous sábados seguintes, 20 e 27, terán lugar a Gala do Deporte e a dos Premios Nigrán, respectivamente. Ademais, como cada mes, o xoves 25 celebrarase o cineclub Alice Guy coa proxección do filme francés “As Diabólicas”.

2019-04-02 - FACEBOOK_Cartel_A4_ABRIL

Anuncios
error: Contido protexido