Anuncios
Ticker de novas

Atlantic presenta o seu disco “Los días felices” en Sabarís

O Baiverán 2018 ofrece este sábado 11 de agosto un concerto do grupo de indie-rock Atlantic na Praza Victoria Cadaval de Sabarís a partir das 21:30 horas. Trátase dun grupo nado na localidade veciña de Nigrán formado por cinco músicos de entre 20 e 23 anos, con Roi Grandío como voz principal e guitarra, Adrián Collazo ao teclado, José Vilas á batería, Rafael Davila ao baixo e Andrés Vilas ao saxo. Recentemente lanzaron o seu primeiro disco de estudo, gravado en Casa de Tolos coa produción do ex-Siniestro Total Segundo Grandío e baixo o título de “Los días felices”.

Un son e estilo moi propio e á súa vez, moi variado, podémonos atopar en “Los días felices” de Atlantic. Desde o máis puro rock sureño da índole dos Black Crowes ou Lynyrd Skynyrd, con sós de guitarra, sección de ventos -saxo, trompeta e trombón- ou corais femininas que quitan o hipo, ata o pop máis cálido e embriagador, envolvéndonos nas súas bonitas melodías cuns pianos, violíns, e voces tan doces que nos lembran a Coldplay e o seu “Fix yo” ou a Oasis co seu “Don’t look back in anger”. Sen esquecernos por suposto dos grandes nacionais que están agora en auxe e que os membros de Atlantic recoñécenos como importantes referencias: véxanse Vetusta Morla, Izal, Love of Lesbian ou Iván Ferreiro.

Anuncios