Un equipo de Oia que vai sobre rodas

FOTO: CICLISMO OIENSE // Presentación de Ciclismo Oiense.

Ciclismo Oiense presentou este domingo, nas inmediacións do mosteiro cisterciense de Oia, os distintos equipos e o novo equipamento que lucirá durante esta tempada 2019. A gran novidade deste ano son as incorporacións que confirman a presenza do club no calendario Elite/Sub-23 e Máster, ademais das xa habituais participacións nas marchas cicloturistas.

O debut soñado de Ciclismo Oiense nesta gran categoría terá lugar na Clásica de Pascua, unha carreira que celebrará a súa edición número 57 en Padrón, que será puntuable para a Copa de Galicia de ciclismo na estrada e puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo.

Os corredores xa lucirán as novas cores de Oia na Challenge 4 Días de Ourense, onde participarán tamén varios corredores da categoría Máster, os cales xa participaron en dúas probas deportivas no que vai de ano.

Os cinco ciclistas que defenderán as cores de Ciclismo Oiense na categoría Elite/Sub-23 son Aser Estévez (A Guarda), Rubén Goce (Oia), David Rosales (Pontevedra), David Vieites (Santiago de Compostela) e Cristian González (León).

Ciclismo Oiense lucirá nas súas camisolas e promocionará o Camiño Portugués da Costa por diferentes lugares do territorio galego, nacional e internacional.

2019-03-31 - 55813669_1811294262334698_7153131408578314240_o