Nuno Costa e Alice Finot gañan a IV Carreira Nocturna H2K Plaza de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Saída da proba absoluta.

Nuno Costa e Alice Finot proclamáronse campións absolutos da IV Carreira Nocturna H2K Plaza, evento organizado entre o Concello de Nigrán e as empresas ximnasio Plaza Fitness e H2K Seguros, cun circuíto pola contorna de Praia América. Con preto de 500 corredores, o evento comezou ás 18:00 horas cunha clase gratuíta de zumba. Ás 19:00 foi saída das categorías inferiores e ás 20:00 horas a carreira absoluta, na que se estableceron dous percorridos de 5 e 10 quilómetros respectivamente. Ademais, o Concello de Nigrán puxo a disposición de seis usuarios do Centro Juan María o seu equipamento deportivo adaptado para que puidesen participar na proba.

Costa, do Tambre Bike & Running, completou os 10 quilómetros de percorrido en 31:31. O portugués tentará o vindeiro domingo 7 de abril revalidar o título de campión absoluto da Vig-Bay, que cumpre a súa XX edición. 28 segundos despois cruzou a meta Carlos Porto Pazos (31:59), en segunda posición, e pechando o podio, Josué Moreno Lira (34:42), terceiro. En categoría feminina, a primeira atleta en cruzar a meta foi Alice Finot, que completou o percorrido en 34:51. Ester Navarrete Santana (35:16) foi segunda, e Loreto Rodríguez Martínez (44:07) terceira.

Como primeiros atletas locais recibiron o premio Jose Luis Louzao (36:20), Tito Vázquez Varela (37:32) e Martín Valverde Villar (37:57), primeiro, segundo e terceiro respectivamente. María Luisa Rodríguez Vázquez (50:19) foi a primeira corredora de Nigrán en cruzar a meta, Isabel Masso (51:10) a segunda e Mabel Fernández Lorenzo (52:13) a terceira.

O vencedor da carreira de 5 quilómetros foi Pablo Vicente López (16:42), seguido de Ismael Lago Monroy (17:16), segundo, e Juan Carlos Sande Pesa (17:19), terceiro. En categoría feminina a vitoria foi para Cinthia Costas González (20:31). Ana Paula Vilar Palma (20:44) ocupou o segundo caixón do podio e Sabela María Vázquez Santás (20:55) o terceiro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios