Nós Baiona ofrece en Baíña unha charla sobre as herdanzas e sucesións en Galicia

Nós Baiona ofrece este sábado día 30 de marzo ás 20:00 horas no Centro Cultural de Baíña unha charla sobre a “Actualidade das herdanzas e sucesións en Galicia”, na que intervirán Carlos da Pena e o avogado David Giráldez. Este será o primeiro acto público da formación, na que nin se presentará a lista electoral nin se falará de política, senón das herdanzas en vida, o imposto de sucesións, ou de toda a casuística do patrimonio familiar chegado o momento da súa repartición entre os herdeiros.

Anuncios