Anuncios
Ticker de novas

O “horario de verán” comeza a madrugada deste domingo

A madrugada do próximo domingo 31 de marzo comeza o horario de verán que se prolongará ata a madrugada do último domingo de outubro en que, nesta ocasión, os reloxos atrasaranse unha hora.

Este comezo materialízase co adianto dos reloxos unha hora, de forma que ás 02:00 horas serán 03:00 horas. Dáse así obrigado cumprimento á Directiva europea 2000/84/CE que segue afectando, sen excepción, a todos os estados membros da Unión Europea.

As primeiras disposicións sobre o horario de verán adoptáronse en Europa en 1980 e desde o ano 2000, coa mencionada directiva, quedaron establecidas as regras que marcan o seu inicio en marzo e a súa finalización en outubro.

Tras considerar que a proposta fora algo prematura, que non se realizou unha valoración adecuada do impacto e que a consulta aberta á cidadanía levouse a cabo nun período de tan só oito semanas, en lugar das 12 habituais, o pasado día 4 de marzo a Comisión de Ministros de Transporte e Turismo do Parlamento Europeo aprobou pospoñer, polo menos ata o ano 2021, a supresión da Directiva do cambio de horario prevista para o ano 2019, asumindo a proposta realizada pola Comisión Europea o pasado mes de setembro.

Para asegurar a coordinación dentro do mercado interior, esta proposta deixaba marxe aos estados membros para decidir se querían manter de forma permanente a hora de verán ou a inverno, establecendo que o último cambio obrigatorio ao horario de verán debía producirse, precisamente, o vindeiro domingo 31 de marzo. Pola súa banda, os estados interesados en permanecer no horario de inverno deberán realizar o último cambio o 27 de outubro de 2019.

Este prazo quedou posposto e os diferentes gobernos dispoñerán dun ano máis para comunicar á Comisión a súa decisión, acompañada dun informe completo sobre os seus efectos en termos de coordinación, funcionamento do mercado interior, transporte, operativos etc… Se os informes reflectisen repercusións negativas, outorgaríase un prazo adicional de 12 meses para a entrada en vigor da Directiva que se vería atrasada ata o ano 2022.

O cambio de hora suscita un amplo debate entre diversos colectivos sociais. Nos últimos anos realizáronse diversos informes que tiveron en conta non só aspectos relacionados co posible aforro de enerxía, senón outras cuestións relacionadas coa necesidade de harmonización de horarios, a seguridade viaria, as condicións de traballo e as súas repercusións sobre a saúde, entre outras. Devanditos informes coinciden en sinalar que os beneficios do cambio de hora son, en calquera caso, difusos.

Anuncios
error: Contido protexido