O grupo nigranés Teatro do Ar presenta “Sucedáneo” no CVC de Valadares

Carmen desapareceu sen deixar rastro. Era o día dos seus 17 aniversarios e coincidía toda a familia por fin. Saíu pola tarde e xa non volveu, ninguén viuna saír nin ninguén sabe onde está. Susana, a súa nai, chamou á policía esa mesma noite, pero non a toman en serio… Así comeza “Sucedáneo”, a peza que Teatro do Ar presenta este sábado día 30 de marzo ás 20:00 horas no CVC de Valadares con entrada gratuíta.

Ademais, Teatro do Ar avisa de que todo o auditorio formará parte da obra porque os actores usarán como escenario toda a sala. “Sucedáneo” é a composición do xornalista de Nigrán, Pedro Rodríguez Villar, coa que se mergulla no seo dunha familia durante a desaparición dunha das súas fillas. “Interésame reflectir a desesperación de non saber nada, quero que todos queiramos saber onde está Carmen”, explica.

Teatro do Ar está formado por un grupo de mozos do Val Miñor que fan malabares para compaxinar os seus estudos e traballos cun teatro o máis profesional posible.