Máis de 500 corredores inscritos na Carreira Nocturna de Nigrán H2K Plaza

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Carreira Nocturna de Nigrán H2K Plaza.

O Concello de Nigrán acolle mañá sábado unha nova edición da Carreira Nocturna H2K Plaza con máis de 500 inscritos. Na proba, organizada entre Plaza Fitness e Seguros H2K coa colaboración do Concello, os “runners” poderán elixir entre 2 distancias, de 5.000 e 1.0000 metros. O circuíto, que estará iluminado, será 100% sobre asfalto e totalmente chan, constando de dúas voltas para os atletas dos 10 quilómetros. A saída e chegada estará situada no aparcamento do Campo das Redes, en pleno paseo de Praia América e percorreran o litoral. Ás 18:00 terán lugar clases de zumba gratuítas e ás 19:00 horas celebraranse carreiras de categorías inferiores, con distintas distancias, para que os máis pequenos se introduzan no mundo do atletismo. Ás 20:00 horas terá lugar a proba da categoría Absoluta.

Anuncios