Sin categoría

Baiona abre a inscrición para participar nos cursos de autodefensa para mulleres

O Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar nos cursos de autodefensa persoal dirixidos a mulleres. A actividade está organizada polo propio Concello, a través do Centro Municipal de Información á Muller, cos fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero. Desenvolveranse dúas edicións (unha de mañá e unha de tarde) de 8 horas de duración cada curso. Terán lugar no CPI Cova Terreña, o sábado 27 de abril e o sábado 11 de maio. A edición de mañá será de 9:00 a 13:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:00 horas. Terán prioridade as mulleres vítimas de violencia de xénero. Para máis información poden contactar co Centro Municipal de Información á Muller na rúa Dolores Agrelo ou chamando ao teléfono 986 357 554. Abordaranse técnicas e medios para previr, avaliar, actuar, enfrontarse no seu caso e saír indemne ante situacións de risco físico.