Anuncios
Ticker de novas

A Cento Cien celebra este sábado o seu terceiro Moto Carnaval

O Moto Club A Cento Cien, coa colaboración da Concellería de Deportes de Gondomar, organiza este sábado día 18 de febreiro a terceira edición do Moto Carnaval. A xornada inclúe ruta moteira polo Val Miñor, e despois unha parada para gozar duns pinchos, durante os cales se entregarán os premios aos disfraces e motos máis orixinais. A saída será ás 16:30 horas dende a Praza do Concello de Gondomar.

Anuncios