Ángel Rodal presenta este sábado ao seu equipo para afrontar as eleccións municipais

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ángel Rodal.

O Partido Popular presentará o seu equipo para gobernar Baiona este sábado, día 30 de marzo, ás 20:45 horas horas no Auditorio V Centenario, acto que contará coa presenza do Presidente do PP Provincial, Alfonso Rueda.

Nesta xornada Ángel Rodal Almuiña dará a coñecer unha lista practicamente renovada, “que mestura experiencia e mocidade, xente formada que vai achegar un novo aire e boas ideas, unha lista composta por 23 persoas, con ilusión, comprometidas e con ganas de traballar por e para Baiona”.

Ángel Rodal convida a todos os veciños a asistir este sábado para coñecer a candidatura coa que aspira a conseguir a confianza maioritaria dos baioneses, “necesaria para unha estabilidade política, continuar co desenvolvemento de Baiona e abrir posibilidades de futuro e crecemento económico”.

Anuncios