Gondomar continúa coas charlas de concienciación nos colexios sobre o consumo da auga

O Concello de Gondomar, seguindo coa celebración do Día Mundial da Auga, impartiu este luns charlas informativas nos colexios Souto Donas e Chano Piñeiro, entregando un exemplar do Manual de Bos Usos: “En Gondomar amamos a auga”, editado polo Concello.

As charlas foron impartidas por técnicos da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga, Espina y Delfín, co obxectivo de concienciar que a auga é un ben esencial para a vida e o seu acceso foi recoñecido no ano 2010 polas Nacións Unidas, como un dereito humano esencial e cada pinga conta.

2019-03-26 - 54517712_2215245572071326_648404448103628800_o