Ás 18:01 horas desta tarde declarouse un incendio forestal na parroquia baionesa de Baíña, concretamente segundo relata @ Marcovolador1 en Twitter, un veciño, na zona dos petróglifos Pedras da Cruz e moi preto dunha casa. O incendio produciuse por unha faísca nunha máquina que realizaba traballos forestais. Segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural as chamas quedaron controladas ás 19:05 e arderon un total de 0,01 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participan 1 axente, 1 brigada, 1 motobomba e 1 helicóptero. Ata o lugar tamén se desprazou o GES do Val Miñor e a Policía Local de Baiona.
#Directo Incendio zona petroglifos Pedras da Cruz (Baíña, #Baiona), pegado a casa. 😵
Provocado por maquinaria trabajando en pila troncos.
Por fortuna fue en zona de sotavento y lo estan controlando.
Me pregunto cómo permiten trabajos forestales con riesgo extremo 😡. @Farodevigo pic.twitter.com/QOMp93pOLN— Marcovolador (@Marcovolador1) 26 de marzo de 2019

