Anuncios
Ticker de novas

9 primeiros premios, 19 segundos e 3 terceiros para Giro’s na primeira fase de Anaprode

O Grupo de Baile Giro’s do Centro Cultural de Baíña e da Asociación de Veciños A Unión de Matamá conseguiu un total de 31 premios na Primeira Fase do Concurso Nacional de Danza Anaprode, na que participou con 37 alumnos. O evento celebrouse os días 23 e 24 de marzo no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, como fase previa para a Final Nacional que se celebrará en Tarragona a primeiros de maio.

Dos 31 galardóns obtidos, 9 son primeiros premios, 19 segundos e 3 terceiros, nas disciplinas de fusión, clásico e jazz. As coreografías que conseguiron o primeiro premio participarán na Final que se celebrará do 3 ao 5 de maio no Palau Firal i de Congressos de Tarragona. As pequenas viaxaron acompañadas pola súa profesora, Laura Jurado, presidenta da Asociación de Veciños de Matamá.

Anuncios
error: Contido protexido