Anuncios
Ticker de novas

Semana de masterclass e conferencia sobre a visión da muller na arte no Conservatorio de Gondomar

O Conservatorio de Gondomar comeza hoxe unha semana intensa de masterclass abertas ao público en xeral, coa profesora Paula Colás na especialidade de violín. Mañá continuarán co clarinetista Felipe Agell , e o xoves e venres co guitarrista Agustín Lage, e o pianista Emilio Álvarez respectivamente. As masterclass impartiranse desde as 16:00 ata as 20:00 horas.

O mércores 27 comezará un ciclo de conferencias a cargo de Roberto Relova, musicólogo e colaborador da revista Codalario e o programa “Instinto clásico” de Onda Cero, nas que abordará o papel da visión da muller na arte baixo o título: “A (de)construción dos grandes personaxes femininos desde a música, o mito e a historia”. Todas as conferencias serán ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

A primeira conferencia versará sobre a “Metodoloxía e perspectivas desde un estudio artístico”, e as seguintes terán lugar o mércores 10 de abril, venres 10 de maio e martes 4 de xuño, todas á mesma hora e local. As actividades do Festival Primavera Son 2019, son completamente gratuítas e abertas a todos os públicos. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios
error: Contido protexido