Sin categoría

A Deputación financia con 86.000 € a pavimentación de diversos camiños e rúas de Nigrán

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o concello de Nigrán ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 86.111,06 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 55.066,24 euros para financiar a pavimentación e mellora da rúa Vista Ó Mar; e, tamén, outros 31.044,82 euros para levar a cabo a pavimentación de diversos camiños na parroquia de Priegue.