A Deputación financia tres novas actuacións en Baiona coa Liña 1 do Plan Concellos

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Deseño do parque canino.

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o concello de Baiona ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 97.533,67 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 49.342,16 euros para a mellora da accesibilidade en varios puntos do concello; outros 17.944,03 euros para a renovación do alumeado público na estrada de Camposancos á zona do Rompeolas; e por último, 30.247,48 euros para o acondicionamento dun espazo público para equipamento canino en Monte Boi.

Anuncios