Inscricións abertas para a VI Ruta Cabalar de Peitieiros

O xoves día 18 de abril celebrarase a VI Ruta Cabalar de Peitieiros, con saída ás 9:30 da mañá desde o Torreiro de Festas. Á metade do percorrido haberá un petisco e ao finalizar unha comida que incluirá empanada, churrasco, pan e bebida. O prezo é de 15 euros por persoa (menores de 12 anos 10 euros). Só o petisco 5 euros. As inscricións poden realizarse ata o 14 de abril no teléfono 689 692 138 ou no WhatsApp 645 830 831.

Anuncios