Baredo celebra as festas da Virxe da Cela cunha gran churrascada

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe da Cela.

A parroquia baionesa de Baredo celebra os días 23 e 25 de marzo as festas na honra da Virxe da Cela.

O sábado 23 haberá unha gran churrascada no Xogo dos Bolos, con churrasco de porco, medio chourizo criollo e medio vermello, cachelos, pan e bebida por 12 euros. Tamén se poderá degustar croquetas, pizza e sobremesas caseiras a 3 euros a ración. Reservas nos teléfonos 680 424 719 (Susana), 607 801 782 (Javi) e 606 963 279 (Jaime). Pola noite actuará a orquestra Saudade con servizo de cantina.

O luns 25 ás 10:30 da mañá a charanga Vai de Baile ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Maior cantada pola Coral de Baredo, seguida de procesión acompañada pola mesma charanga.

Anuncios