As xoias máis solidarias, desde Porto do Molle cara a toda Europa

Gardian Joyas, unha nova firma con sede en Porto do Molle, doa parte dos seus beneficios a favor da asociación contra o cancro de Pontevedra. Á fundadora de Gardian, a enfermidade do seu pai atopouna no seu momento máis emprendedor. Despois de apoiala para fundar a súa firma de xoias, viviron xuntos un duro transo. Lonxe de renderse, as palabras de apoio, foron un acicate para seguir traballando.

O froito de todo aquilo é a colección “Lazos solidarios”. Son pulseiras e gargantillas que representan a loita contra o cancro. Cada peza leva unha ou varias pedras preciosas, 100% naturais que, pola súa cor, significan o tipo de cancro.

Silvia, a fundadora de Gardian, afirma que a súa inspiración provén do labor de acompañamento que realiza a Asociación Española contra o Cancro. “Os seus voluntarios fan un gran labor social e os fondos doados pola venda destas xoias axudan a que este labor siga adiante”.

Son un agasallo con moito sentimento, pois no seu deseño trátase de facer coincidir a cor da pedra cun determinado tipo de enfermidade. Así, o citrino amarelo representa o cancro infantil ou a turmalina rosa o cancro de mama.

2019-03-20 - diseñadora gardian joyas
Deseñadora de Gardian Joyas
Anuncios