Sin categoría

Xuntanza Cabalar en Parada

A Comisión de Festas de Parada organiza o vindeiro domingo 14 de abril unha Xuntanza Cabalar. A saída será ás 9:30 da mañá desde o Merendeiro de Montecastelo, con comida campestre que incluirá churrasco, bebida, sobremesa e café por 15 euros, ou petisco e consumición por 5 euros. Pola tarde haberá xincana e trotóns. As reservas poden formalizarse nos teléfonos 617 235 091 e 671 822 731.