Encontros da asociación Con&CienciaT no Centro Sociocomunitario de Baiona

Este mércores 20 de marzo, ás 20:00 horas, a asociación Con&CienciaT organiza na Biblioteca do Centro Sociocomunitario de Baiona unha charla, faladoiro ou coloquio sobre a experiencia vital ou o espertar da nosa conciencia. Esta nova actividade desenvolverase con carácter mensual. Será un espazo de comunicación e respecto onde poder tratar entre todos temas relacionados coa nosa experiencia vital compartindo en liberdade e igualdade. Os temas serán propostos conxuntamente pola asociación e os participantes.

Anuncios