Nigrán abre o prazo de presentación de ofertas á explotación temporal de quioscos de praia

O Concello de Nigrán, a través da publicación hoxe no BOP, abre o proceso de adxudicación de explotacións temporais de praias no municipio, tendo os interesados un prazo de 15 días para presentar ofertas. A tempada establécese do 1 de maio ao 30 de setembro e consta de sete postos de venda de xeados, refrescos e alimentos, un de churros e unha escola de esquí náutico en Praia América. Estes quioscos repártense entre os areais de Patos (2), Area Fofa (1), Madorra (1), Panxón (1) e Praia América (3) e os prezos oscilan dende os 24.000 € en Praia América a 2.500 € en Area Fofa ou A Madorra. A maiores licítase un posto de venda de churros e unha escola de esquí náutico, ambos en Praia América e cun prezo de 2.500 €. Os interesados poden consultar as bases no BOP de hoxe, luns 18 de marzo, ou na oficina de Información do Concello ou na súa sede electrónica.

Anuncios