A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), quere poñer en marcha catro cursos formativos dirixidos ao comercio e á hostalería.
Debido á demanda dos mesmos optouse polos seguintes cursos: barista (24 horas), escaparatismo e paquetería (20 horas), repostería (24 horas) e inglés para o comercio (20 horas). Todos os cursos teñen unha orientación claramente práctica.
Para calquera consulta ou dúbida, poden poñerse en contacto con OVALMI, a través do teléfono 986 366 730, ou no correo electrónico asociacion@ovalmi.com.

