Proseguen as charlas informativas da Garda Civil en colexios de Baiona, Gondomar e Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Charla da Garda Civil sobre acoso escolar no CPI Cova Terreña.

A Garda Civil de Pontevedra continúa esta semana percorrendo os centros educativos da provincia coas charlas informativas do Plan Director sobre violencia de xénero, acoso escolar, drogas e alcol, novas tecnoloxías, bandas xuvenís e prevención de incendios forestais. Entre os colexios que visitarán nos próximos días están o Colexio Estudio de Chandebrito en Nigrán, o CPI Cova Terreña en Baiona e o Centro de Educación Infantil San José en Gondomar.

Dous efectivos do Cuartel Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán impartirán este luns día 18 ás 9:30, 11:30 e 12:30 horas charlas sobre delitos de odio no Colexio Estudio de Chandebrito, e ás 16:00 e 17:00 horas senllas charlas sobre incendios forestais no CPI Cova Terreña de Baiona. O venres 22 ás 10:00 e 11:00 da mañá, dous efectivos do Cuartel da Garda Civil de Gondomar serán os encargados das charlas sobre incendios forestais que se impartirán no Centro de Educación Infantil San Xosé.

Anuncios