Anuncios
Ticker de novas

Dúas xogadoras do Turonia, campioas do Torneo Internacional de Madrid coa selección galega

FOTO: TURONIA // Loles Vila e Silvia Álvarez, do Turonia GFG, coa Selección Galega de fútbol gaélico.

Dúas das rapazas do equipo feminino do Turonia GFG, Loles Vila e Silvia Álvarez, proclamáronse campioas do Torneo Internacional de Madrid xunto coa Selección galega de fútbol gaélico feminina, ao seren seleccionadas por vez primeira este ano. As rapazas da Selección Galega seguen na crista da onda e conseguiron a vitoria no Torneo de Madrid Harps GAA, cun resultado final de 3-13 (22)-0-05 (5).

No masculino, os Madrid Harps leváronse a final por 0-05~0-03 fronte os rapaces galegos. Axustadísima e competida, onde primaron as defensas. O maior acerto dos Harps, decantou a final.

Os combinados masculino e feminino desprázanse a Madrid para participar durante a xornada de mañá nun prestixioso torneo internacional que cada ano por estas datas organiza o club de fútbol gaélico Madrid Harps GAA.

Trátase dun torneo de carácter amigable pero cun gran nivel competitivo. Foi, precisamente, a elevada e contrastada calidade dos equipos que participan na copa dos “Harps” o que motivou aos preparadores galegos a inscribirse, porque o obxectivo principal das Seleccións en Madrid non é outro que o de coller minutos, experiencia e bagaxe competitiva no camiño preparatorio dos GAA World Games, que se celebran na localidade irlandesa de Waterford do 28 de xullo ao 1 de agosto.

En total competiron no torneo -que se celebrou no campo de rugby de Hortaleza- 10 equipos incluíndo as Seleccións Galegas. No apartado feminino Galicia estivo encadrada nun grupo único de 4 escadras xunto con Shamrocks (Madrid), Leprechauns (Madrid) e St Jude’s GAA, procedentes de Bournemouth (Inglaterra).

No eido masculino participaron 6 conxuntos divididos en 2 grupos de 3 equipos. Neste caso, levouse a cabo unha fase previa que clasificou aos dous primeiros de cada cadro a unhas semifinais, pasando os vencedores á final. A Selección Galega quedou enmarcada no grupo B xunto con Madrid Harps GAA B e Wandsworth, club procedente de Londres. No grupo A estiveron Madrid Harps GAA A, Zurich Inneoin GAA Club e St Judes.

DÚAS XOGADORAS DO TURONIA, CAMPIOAS DO TORNEO INTERNACIONAL DE MADRID COA SELECCIÓN GALEGA

FOTO: TURONIA // Loles Vila e Silvia Álvarez, do Turonia GFG.

Anuncios
error: Contido protexido