
O Concello de Baiona pechou este sábado a programación de Entroido cunha ruta musical en Sabarís. Desde o mediodía e ata a noite houbo pasarrúas a cargo da charanga “Nova Cubana” e concertos en diferentes puntos da Avda. Julián Valverde e a Praza Victoria Cadaval, cos grupos “Os Nenos Rebeldes”, “Pacheco Bros”, “La Patrulla”, “Sabina y Cía” e “Atlantic”. Ademais celebrouse a “Queima do Meco” no xardín da coñecida como “Casa Rosa”.