Anuncios
Ticker de novas

Educateatro presenta en Gondomar o musical “Carapuchiña Vermella”

A Concellería de Cultura de Gondomar pecha este sábado 16 de marzo a programación de Entroido co musical “Carapuchiña Vermella” de Educateatro. Haberá dúas sesións, no Auditorio Lois Tobío, unha ás 17:00 e outra ás 19:30 horas. O prezo da entrada será de 2,50 euros e o despacho de billetes abrirá unha hora antes do inicio de cada sesión e pechará durante o espectáculo. Non se venderán máis de 6 entradas por persoa.

Un trepidante musical onde pequenos e maiores acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas. Durante o camiño aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén coñecerá os perigos de non facer caso dos consellos da súa nai.

Plácido, o xornalista da aldea, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manternos informados de todo o que lle suceda á protagonista ata que chegue á casa da avoíña. E quen sabe, quizais apareza neste conto un lobo que queira comer a Carapuchiña… Como finalizará esta historia?

Anuncios