Asaltan por terceira vez en ano e medio unha cafetería de Baiona

Esta madrugada entraron a roubar novamente na cafetería Coffee Time de Baiona, situada na zona dos Tendais. Os asaltantes, dous encapuchados, levaron a caixa rexistradora e rebentaron o comecartos tras forzar a porta.

É a terceira vez que este establecemento sofre un asalto. O primeiro foi o 18 de setembro de 2017, cando unha parella nova accedeu ao local tras forzar unha xanela e rebentou a máquina comecartos.

Poucos días despois, o 23 de setembro, a Garda Civil detiña a dous mozos, veciños da comarca de Baixo Miño, acusados da comisión de dous roubos con forza cometidos en senllas cafeterías de Baiona e outros dous en grao de tentativa en Gondomar e Nigrán.

Na madrugada do 6 de outubro, repetíase o suceso con idéntico modus operandi. Segundo podíase ver nas gravacións das cámaras de seguridade, tratábase da mesma parella. Nesta ocasión tan só puidéronse levar as moedas.

Anuncios