Paco Ferreira e Nuria Lameiro repetirán como cabeza de lista e número 2 do PSOE

Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, foi proclamado por aclamación candidato ás eleccións municipais de maio co obxectivo de revalidar a alcaldía polo PSdeG-PSOE catro anos máis. Ferreira, natural de Vilaza, é funcionario desde 1989, posto que deixou para pasarse á empresa privada como avogado, con despacho en Gondomar e Vigo. Estivo desde hai máis de 20 anos vinculado aos servizos xurídicos de UXT e como profesor da AGAP.

Nuria Lameiro, actual tenente de alcalde e responsable de Cultura, Deportes, Medio Ambiente, Xuventude, Igualdade e Sanidade, acompañaralle de novo como número 2. Natural de Vincios, de 37 anos, é Técnica Sanitaria do 061, Técnica en Actividades Físicas e Animación Deportivas, ex atleta e adestradora Nacional de Atletismo, e ex presidenta da Asociación de Veciños de Vincios.

Anuncios