Anuncios
Ticker de novas

O PP pide a adhesión de Nigrán ao Programa de Vixilancia e Control da Vespa Velutina

O Partido Popular de Nigrán lamenta “enormemente” o falecemento este martes do veciño de Chandebrito de 50 anos, sete meses despois de recibir varias picaduras de avespa asiática, e transmiten publicamente as súas condolencias á familia. Así mesmo, reclaman a adhesión do municipio ao Programa de Vixilancia e Control da Vespa Velutina impulsado pola Xunta de Galicia.

“Rogamos que as autoridades competentes presten moita atención. Debemos crear medidas urxentes de control de xestión e erradicación, canto antes. Lamentablemente xa non chegamos a tempo, neste caso, pero debemos evitar que esta desgraza repítase. A gravidade é tal, que entre xullo do 2017 e xullo de 2018 o 012 recibiu miles de avisos pola presenza de avespas asiáticas (velutina). A extensión desta especie trae consigo unha serie de prexuízos ambientais e especialmente na primavera”, sinalan os populares.

“A ameaza deste insecto fixo saltar alarmas en Galicia e en Nigrán xa é unha realidade. Temos constancia de varios niños desta especie. Desde o Partido Popular de Nigrán esiximos solución xa, tomemos exemplo doutros municipios que están a activar todas as alarmas posibles para poder facer fronte a esta praga”, conclúen.

Anuncios