Gondomar reparte máis de 150 trampas para velutinas

A campaña de trampeo contra a vespa velutina posta en marcha polo Concello de Gondomar foi todo un éxito. Máis de 150 veciños e veciñas achegáronse este mércores á Xefatura da Policía Local para recoller o seu “atrapa velutinas” debidamente homologado e con líquido atraínte para a captura das avespas. Ademais, o equipo de expertos voluntarios que levan traballado no Concello contra esta praga informáronlles detalladamente sobre como utilizar o trampeo e que medidas adoptar ante a visualización e localización de niños.

Con esta campaña de trampeo e informativa de como utilizalas e como actuar ante esta praga a organización quere dar un paso máis aló na loita contra este insecto que tantos quebradizos de cabeza leva dando aos apicultores da zona e tantas alertas veciñais produce. Só o ano pasado este equipo coa axuda de medios facilitados polo propio Concello retiraron en Gondomar máis de 200 niños de velutinas e no que vai de ano levan máis de 70, ademais de actuar en domicilios privados na retirada de avespas no interior de vivendas, balcóns, cornixas, etc…

Anuncios