Falece un veciño de Chandebrito sete meses despois de sufrir picaduras de velutina

Un veciño da parroquia nigranesa de Chandebrito falece tras as complicacións sufridas por mor das picaduras de vespa asiática que recibiu o pasado mes de agosto. A pesar de que as versións oficiais achacan a súa morte a unha suposta alerxia, fontes próximas á familia aseguraron que tres días antes recibiría catro picaduras no brazo de exemplares autóctonos, que se sumaron ás outras dúas de velutina recibidas mentres efectuaba labores de roza nunha leira pertencente ao municipio de Vigo. Ángel Davila, de 50 anos de idade, era natural de Valadares (Vigo) aínda que era moi coñecido en Chandebrito xa que levaba 15 anos á fronte do bar da parroquia «A tenda de arriba».

Os feitos remóntanse ao pasado mes de agosto cando A.D. atopábase traballando nunha leira propiedade da familia en Valadares, momento no que se topou cunha colmea da especie invasora que tras as picaduras provocáronlle unha parada cardiorrespiratoria, a partir de aquí sufriu unha serie de complicacións que derivaron nun coma ata o seu falecemento o pasado martes.

Anuncios