O Vincios empata ante o actual campión de liga

O AD Vincios conseguiu un meritorio empate ante o actual campión de liga, o Priego de Córdoba, e aspirante principal a repetir título de campión, pois este ano só cedeu outro empate e unha derrota. Tras un duro encontro onde o Vincios chegou a gañar 3-2, con dúas vitorias dos locais Viacheslav Krivosheev sobre Carlos Machado (actual campión de España) e André Silva e unha de Diogo Silva sobre o chinés Qiyao Han, e dúas derrotas de Santi Prieto ante André e Qiyao, o partido quedou para o punto definitivo entre Diogo Silva e Carlos Machado. O Priego xogábase as súas opcións de gañar novamente a liga, mentres o Vincios conseguir a primeira vitoria ante o potente Priego, o que fixo aumentar o ambiente entre os espectadores.

Tras un partido durísimo con intercambio e alternancia no marcador, con parciais 6-11, 11-9, 10-12, 11-7 e 9-11, este acabou caendo ao lado do campión de España, logrando o definitivo empate no encontro. Coa perda polo Priego deste punto a liga ponse interesante, pois o equipo santiagués do Arteal ten a posibilidade novamente de gañar a liga se lle gaña ao Priego dentro de dúas xornadas e gáñalle o tenteo average, o que traería o título a terras galegas por primeira vez.

O Vincios está a desenvolver unha segunda moi boa volta, con catro Vitorias ante Cambados, Irún, Villagarcía e Pontevedra, dúas derrotas ante Burgos e Arteal e un empate, que lle situou en postos europeos, ten a permanencia conseguida, buscando neste momento manter este debido a que lle permita disputar a competición europea.

Destacar o moi bo estado de forma do xogador ruso Viacheslav Krivosheev, que suma vitorias de dúas en dúas nos últimos partidos e estase convertendo nun dos xogadores máis destacados da competición.

Anuncios