O IES Terra de Turonio organiza unha xornada técnica sobre as posibilidades que ofrece o sector turístico en Galicia e no Norte de Portugal a partir dos ciclos profesionais de actividades físico-deportivas no medio natural. Está destinada ao profesorado e alumnado dos ciclos profesionais que se imparten nos 5 institutos públicos de Galicia: Porto do Son, Arteixo, Silleda, Poio e Gondomar.
O IES Terra de Turonio, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza o mércores día 13 no Auditorio do Cinc da Cidade da Cultura, unha xornada sobre a interpretación da cultura, o patrimonio e o turismo nas actividades físicas e deportivas. O instituto Terra de Turonio imparte desde o curso 2004/05 o ciclo profesional “Condución de actividades físico-deportivas no medio natural” que tamén se imparten noutros catro centros de toda Galicia.
No Norte de Portugal, na vila de Melgaço, a Escola Superior de Desporto e Lazer é unha das escolas do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, hai unha facultade de ensino superior que imparte estas ensinanzas cun enfoque centrado no medio natural.
A XORNADA
A xornada comezará ás 9:00 da mañá e rematará ás 18:00 horas. Abrirá a xornada, Javier Blanco, subdirector de AGADER da Xunta de Galicia, quen dará a benvida aos asistentes e destacará a importancia destas actividades no desenvolvemento rural.
O Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, falará sobre a importancia da lingua, a cultura e o patrimonio nas actividades que se desenvolven no medio natural en Galicia.
A segunda intervención, a cargo de Manuel Ruzo, abordará a demanda de servizos por parte dos visitantes e participantes nas actividades realizadas no medio natural, incluíndo os diferentes camiños a Santiago.
Desde o norte de Portugal, o profesor da Universidade de Viana do Castelo, António Brandão, disertará sobre as saídas do ensino superior do alumnado que cursa os ciclos da familia de actividades físicas e deportivas que en Galicia distribúen en dous ciclos: Condución de actividades físico-deportivas no medio natural (Ciclo Medio) e Ensinanza e animación socio-deportiva (Ciclo Superior). Para o alumnado galego a Escola Superior de Desporto e Lazer de Melgaço é unha oportunidade de continuar os estudos superiores desta especialidade.
Alejandro López, avogado e especialista en dereito deportivo e membro da Federación de Alta Montaña, rematará a xornada matutina explicando e dando a súa visión sobre a normativa vixente nas actividades deportivas no medio natural dende diferentes puntos de vista profesionais.
E pola tarde coa intervención de novo de Alejandro López orientará aos docentes sobre a normativa de seguridade e responsabilidade civil nas saídas educativas ao exterior.
A xornada é de asistencia aberta e están convocados o profesorado e o alumnado dos ciclos formativos que cursan os ciclos da familia profesional de actividades físicas e deportivas no medio natural que se imparten en Galicia.

