Concentración na Ramallosa polo asasinato machista en Valga

O Comando Ghichas e Area Loura convocan novamente unha concentración na Ramallosa o martes 12 de marzo ás 20:00 horas para berrar contra a violencia machista tras un novo asasinato, desta vez en Valga, María A. de 43 anos, asasinada dun tiro de escopeta polo seu marido, que posteriormente suicidouse.

Dende o 8M, día da folga e das multitudinarias manifestacións esixindo o cese da discriminación e da violencia contra as mulleres, xa asasinaron outras 3, unha por día (en Madrid, Málaga e Pontevedra), evidenciando de novo a necesidade de tomar medidas urxentes e eficientes acordes coas reivindicacións feministas para acabar con esta lacra da nosa sociedade.