Nun local ateigado o Bloque Nacionalista Galego presentou a composición final da súa candidatura ás Municipais en Baiona. Vinte e un homes e mulleres que teñen renovadas ilusións nun proxecto que non se pon cancelas en canto á expectativas. Xosé Manoel Marcote, Yasmina Moreira e Iago Pereira fixeron a presentación dunha listaxe de persoas comprometidas pola transformación de Baiona e cun proxecto que ten as ideas claras.
Xa que logo, a candidatura confórmase como segue:
- Iago Pereira Moreda
- Yasmina Moreira Costas
- Xosé Manoel Marcote Gil
- Mª Xulia Castro Campos
- Patricia Mariscal Domínguez
- Xosé Luís Blach Fernández
- Bernabé Sequeiros Pinzás
- Montserrat Fernández Morell
- Alba Camesella González
- Iolanda Lamas Ambroa
- Miguel A. González Lago
- Martín López Goce
- Cruz Refojos Meneses
- María Romero Soliño
- Belén Piñeiro Costas
- Uxía Costas Pais
- Xosé Francisco Quintas González
Suplentes:
- Ana Mª Rodríguez Fernández
- Xosé Manuel Marcote Rodríguez
- Miguel Blach Leyenda
- Mercedes Leyenda Nogueira
A renovación é palpable, formando parte dela sete novas incorporacións, cunha forte presenza feminina (dez de dezasete) e cunha media de idade inferior aos 42 anos.
Mais si algo cómpre destacar foi a manifesta intención de homenaxear a quen lles antecederon na defensa dos valores que representa o BNG. Como xa é costume, o peche da candidatura ten unha significación honorífica e Xosé Francisco Quintas ten todo o recoñecemento polo seu compromiso e apoio ao BNG desde hai moito anos, estando ás duras e ás maduras, botando unha man altruistamente sempre que se lle pediu, sen máis aspiración que ver medrar o proxecto nacionalista en Baiona. Este recoñecemento continúa coas catro suplencias, que representan aquela vella garda que participou activamente na política nos tempos máis complexos: Ana, Marcote, Xela e Miguel Blach recibiron tamén ese recoñecemento e coñecemento polas novas persoas que agora encabezan a candidatura ás Municipais.
«Estes catro últimos anos vimos como día a día iamos gañando máis confianza entre a veciñanza, sendo quen de abandeirar o liderado na oposición fronte a un Partido Popular esnaquizado e sen proxecto para Baiona», dicía Iago Pereira, candidato á Alcaldía. «Nós estivemos sempre aí, na loita contra o campo de golf, na defensa das demandas dos pais e nais do Primeiro de Marzo, na reclamación de pediatra substituto, nas demandas pola xestión da piscina mancomunada e recentemente na consecución do Centro de Interpretación da Natureza na Foz do Miñor. É a diferenza na xestión que representa o BNG fronte ao Partido Popular, abandeiras proxectos contando coa colaboración da veciñanza e dos colectivos, non asumilos unilateralmente até provocar conflitividade social».

