“Endulzando el Carnaval” gaña o concurso de comparsas de Nigrán

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // "Endulzando el Carnaval" de Os da Casa.

O Concello de Nigrán celebrou este sábado o seu tradicional concurso de comparsas no centro do municipio. Foron un total de 15 agrupacións chegadas de Nigrán (3), Gondomar (5), Vigo (3), Ponteareas (1), Tomiño (2) e Baiona (1), que sumaban en total 986 participantes de todas as idades, desde a máis pequena de 25 persoas ata a maior con 111, as que desfilaron ante máis de 5.000 persoas que se situaron ao longo da rúa Rosalía de Castro desde o cruzamento con rúa Telleira ata a estrada do Ceán, realizando cada agrupación unha actuación á altura da Casa Consistorial, onde o xurado avaliounas.

Os 600 euros do primeiro premio foron para “Endulzando el Carnaval”, da Asociación Os da Casa de San Andrés de Comesaña (Vigo). O segundo, de 500 euros, recaeu na comparsa “Parada Espanta”, do Centro Cultural Parada do Miñor. E o terceiro premio, de 400 euros, foi para “El Rey León”, da Asociación Paradela de Gondomar.

A comparsa “Music Show”, da Asociación Revolución Show de Tomiño, ocupou o cuarto posto, con 350 euros. A Tropa do Cruceiro de Vigo levou o quinto premio, de 300 euros, con “Mississippi”. O sexto premio, de 250 euros, foi para “Recuérdame México” do Centro Cultural e Social de Baíña.

Os seguintes 6 clasificados recibiron un premio de 100 euros. “Gnomeo y Julieta” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios (7º); “Musical El Rey León” da Asociación Luces de Tomiño (8º); “Hadas y Duendes” de Chegaron os que Faltaban de San Andrés de Comesaña (Vigo) (9º); “Había una vez…” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín (10º); “LDanzia Paradise” da Asociación LDanzia de Gondomar (11º); e “Os Campechanos” da Asociación Os Campechanos de Ponteareas (12º).

Tamén desfilaron “Os Inventores da Troula” da ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes de Nigrán, “Con Pinocho” de O Millor de Cada Casa de Gondomar, e “Bulerías” da Asociación de Veciños “A Unión” de San Pedro da Ramallosa.

A programación de Entroido continúa o domingo día 10 coa excursión de maiores a Cuntis para festexar a “Festa do Lacón” e finalmente o día 16 co Enterro do Kiko.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.