Gondomar proxecta “Peter y el dragón” no ciclo “Cine na Rúa”

Este sábado 5 de agosto ás 22:30 horas proxectarase a película “Peter y el dragón” no Parque Ponte das Rosas de Gondomar, dentro do programa Cultura de Verán 2017 organizado pola Concellería de Cultura.

Durante anos o Sr. Meacham, un vello tallador de madeira, fascinou aos nenos da rexión cos seus contos acerca dun feroz dragón que reside no máis profundo dos bosques do Noroeste do Pacífico. Para a súa filla Grace, que traballa como garda forestal, estas historias non son máis que contos para nenos… ata que coñece a Peter. Peter é un misterioso neno de 10 anos que non ten familia nin fogar, e que asegura que vive no bosque cun xigante dragón verde chamado Eliott. Coa axuda de Natalie, unha nena de 11 anos cuxo pai é dono da serrería local, Grace partirá en busca de respostas que pescuden de onde vén Peter, cal é o seu verdadeiro fogar e a verdade acerca dese dragón.