A gondomareña Laura Yagüe proclámase campioa galega de natación artística

Esta fin de semana dispútase na piscina Rías do Sur de Pontevedra o Campionato Galego de Natación Artística de Nivel de Inverno, no que participan máis de 80 nadadoras pertencentes a 6 clubs. Na primeira xornada, celebrada o sábado, a gondomareña Laura Yagüe proclamouse campioa galega, facéndose coa medalla de ouro en figuras de categoría infantil. A próxima semana, a deportista do equipo do Real Club Náutico de Vigo, participará no Campionato de España.

Anuncios