Tras as pisadas do Conde de Gondomar por Valladolid e Toro

O Concello de Gondomar organiza unha excursión aberta a todas as idades do día 29 ao 31 de marzo. Visitarán Simancas, un lugar estratéxico ás beiras do Pisuerga, percorrendo os lugares máis emblemáticos da cidade de Valladolid e todos aqueles relacionados coa figura de Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar, para finalmente acabar na cidade de Toro.

Como parte da viaxe visitarase unha das emblemáticas adegas para coñecer a historia monumental vinculada ao mundo do viño.

O prezo da viaxe de 3 días será de 219 € por persoa, incluíndo o autocar, hotel no centro de Valladolid en réxime de pensión completa, comida en ruta á ida e á volta, así como a degustación do tradicional lechazo nunha adega subterránea.

A viaxe contará sempre co servizo dun guía turístico, que acompañará aos viaxeiros nas distintas visitas programadas a Valladolid, que comezará coa recepción oficial do alcalde da cidade na Casa Consistorial, acompañados dos actuais Condes (Gonzalo Fernández de Córdoba e Mercedes Ordeig), para seguir con varias visitas guiadas ao redor da figura do Conde de Gondomar maioritariamente visita ao Museo Nacional de Escultura (antigo Pazo Conde de Gondomar), a propia sepultura ou Cripta de Diego Sarmiento, Palacio do Sol, igrexa de San Bieito, etc.

O obxecto desta viaxe non é só lúdico, senón tamén cultural, así como dar a coñecer e lembrar (máis se cabe) a Diego Sarmiento (Conde de Gondomar), á beira por Valladolid e Toro, onde exerceu cargos de relevancia como a de corrixidor e que tanto achegou ao desenvolvemento cultural e político das devanditas cidades e onde se atopa sepulto.

Segundo indica o rexedor gondomareño, Paco Ferreira, “todos temos pendente ao longo da historia un recoñecemento explícito con Don Diego, Conde de Gondomar e embaixador de varios países europeos, escritor, historiador, politólogo, etc…, ata tal punto que a súa sepultura nin pode ser visitada”. “Esta viaxe será o xerme do que ten que ser o irmandamento entre as dúas Vilas (Valladolid e Gondomar), que contan cun denominador común, que non é outro que o noso Ilustre Conde”.

Os interesados poden facer o seu reserva entre o 5 e o 15 de marzo no Departamento de Benestar Social no teléfono 986 360 168 ou presencialmente.