Gondomar incorpora ao seu persoal dous conserxes e un operario para o punto limpo

Punto limpo de Vincios.

O goberno municipal de Gondomar incorpora ao seu persoal dous conserxes para os colexios de primaria Serra Vincios e Neira Vilas de Peitieiros, así como un novo operario para o punto limpo. Os funcionarios serán en réxime de interinidade ata a cobertura definitiva das súas prazas, que sairán a oferta pública este ano con outros tres postos máis para o servizo de vías e obras, tres axentes de policía local, unha praza de auxiliar administrativo e outra de administrativo; prazas que levan vacantes desde hai tempo e que son necesarias para o acorde funcionamento da administración local. Ademais está previsto que se incorporen tamén este mes catro auxiliares de policía local, cinco novas contratacións de persoas preceptoras do RISGA e doce postos máis a través dunha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.