Sin categoría

Gondomar celebrará o venres 15 o Desfile-Concurso de Comparsas

Gondomar celebrará finalmente o Desfile-Concurso de Comparsas de Entroido o vindeiro venres 15 de marzo a partir das 20:00 horas. Tras a lectura do pregón, as comparsas inscritas percorrerán as principais rúas da vila condal. O desfile comezará na rúa Ameixeira, para logo baixar por Eduardo Iglesias e Avda. Elduayen, ata a rotonda de Don Diego Sarmiento de Acuña. Abrirán o desfile os moteiros, seguidos das comparsas convidadas fóra de concurso e as comparsas e carrozas participantes no certame.

Unha vez finalizado o percorrido, o xurado, composto por 7 persoas e presidido polo alcalde, Paco Ferreira, será o encargado de elixir os gañadores, tendo en conta detalles como o vestiario, a maquillaxe, a escenografía, o deseño da carroza e a música, que sexa en directo ou con acompañamento de instrumentos musicais ou rítmicos. A gañadora levará 900 €, a segunda 700 € e a terceira 500 €; ademais entregaranse 6 axudas de 350 € para as seis seguintes clasificadas e 250 € ás restantes.

Unha vez entregados os premios, a festa continuará ata a medianoite coa actuación do Trío Azar.