A Entidade Local Menor de Morgadáns recibiu de Gondomar 168.661€ en catro anos

FOTO: ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS

O Concello de Gondomar, una ano máis en tempo e forma, fai entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns da cantidade de 45.863,35 euros, correspondentes ao 25% dos impostos devengados no exercicio do ano 2018, ao obxecto de que sexan investidos, coma considere o seu presidente, nas melloras na parroquia.

Neste mandato, baixo o goberno de Paco Ferreira como alcalde, a Entidade Menor de Morgadáns recibiu puntualmente ditas achegas dinerarias: no ano 2015 a cantidade de 42.156,89 euros, no 2016 a cantidade de 40.172,43 euros, no 2017 a cantidade de 40.468,38, e este ano 45.863,35 euros, sumando un total de 168.661,05 euros.

“Ademais da achega da cantidade indicada, o goberno municipal levou a cabo distintas melloras en infraestruturas e servizos, así como a tramitación e xestión para a mellora da estrada de titularidade municipal por valor de máis de 400.000 euros de investimento, o desraizado da carreteira de Prado, o acondicionamento de camiños, ou a modificación e revisión do proxecto de saneamento e recuperación do barrio de A Pedra”, concluíu o alcalde Paco Ferreira.