Festa de Inchables e Festa Infantil en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Concellería de Cultura de Gondomar continúa coas actividades de Entroido. Este luns 4 de marzo a partir das 16:30 horas haberá unha Festa de Inchables no Pavillón Municipal de Deportes. Ata as 19:30 horas haberá inchables pequenos, mediados, grandes e un inchable xigante con bólas. A entrada é de balde ata completar aforamento. Mañá martes 5 de marzo, desde as 16:30 ata as 19:30 horas, celebrarase no Auditorio Lois Tobío a Festa Infantil “A Bailar no… Entroido” con obradoiros de chapas, máscaras… A entrada é de balde ata completar aforamento.