A baionesa Iria Ludeña proclámase subcampioa galega de inverno

A baionesa Iria Ludeña proclamouse este sábado subcampioa galega de inverno na súa primeira regata de categoría infantil. Nunha distancia de 3.000 metros conseguiu unha marca de 16 minutos 31 segundos. Trátase ademais da súa primeira regata nesta distancia, xa que o ano pasado competía na categoría alevín, na que completan 1.500 metros.

O Campionato Galego de Inverno individual para as categorías infantil e cadete celebrouse no Complexo Deportivo David Cal de Verducido, cunha participación de máis de 550 padeeiros de 39 equipos da comunidade.

Anuncios